NOVAS
Ampliación do prazo de presentación de comunicacións libres
O Comité Organizador do III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia informa da ampliación do prazo de presentación para comunicacións libres ata o 31 de marzo de 2016.
Os traballos poden presentarse en calquera dos idiomas oficiais do congreso (galego e castelán) e as poden ser con formatos de comunicación oral, póster ou simposio. Para o envío das propostas cómpre que empregues a plataforma electrónica habilitada nesta web .
Pódese optar a premio na modalidade de presentación en formato de comunicación oral e de comunicación escrita (póster). O comité científico seleccionará os mellores traballos de cada modalidade en función da súa calidade, orixinalidade e riqueza expositiva e dará a coñecer os traballos gañadores no transcurso do Congreso
Ampliación do prazo de inscrición
O Comité Organizador do III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia informa da ampliación do prazo de inscrición.