III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia 2016

PRESENTACIÓN


Os camiños da Psicoloxía son extensos e queremos colaborar para mapearlos. Entre o 2 e o 4 de xuño de 2016 celebraremos o III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Os camiños da Psicoloxía", organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; unha reunión científica para a que nos implicamos en deseñar un atractivo programa que nos permita entrar nos diferentes roteiros que nos ofrece esta disciplina.

Será unha oportunidade excelente para o encontro e a participación, para actualizar coñecementos e reflexionar sobre os distintos aspectos do saber que conforman unha disciplina ampla con especial vocación aplicada.

A nosa intención é contribuír ao sostido crecemento científico e ao recoñecemento social que experimentou a Psicoloxía nas últimas décadas. O punto de encontro será a cidade de Santiago de Compostela, un destino evocador de xentes en busca de respostas e confluencia de itinerarios diversos desde a antigüidade.

Desde o Comité Organizador queremos darche a benvida ao Congreso "Os camiños da Psicoloxía" e animámoste a participar activamente a través do intercambio de coñecementos e experiencias. Convidámoste a compartir os teus mellores proxectos, casos clínicos, modelos de traballo ou a túa actividade investigadora, ben sexa en formato de comunicación oral, póster o propoñendo un simposio temático. As túas valiosas achegas son as que converten este encontro na cita de referencia nesta área científica.


Agardámoste en Santiago de Compostela.