III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia 2016

OBRADOIROS

XOVES

    2 de Xuño

HORA SALA 1 SALA 2 SALA 3
10:00-14:00 OBRADOIRO 1:
Avaliación da credibilidade da testemuña
Manuel Vilariño Vázquez
OBRADOIRO 2:
As competencias emocionais: un enfoque desde a psicoloxía educativa
Presentadora: Manuela Del Palacio García
Bibiana Camaño Rodal
OBRADOIRO 7
Neuropsicoloxía e linguaxe. Aplicación das TICs como instrumentos facilitadores da autonomía dos pacientes.
María Jesús Gómez Vecino
 
16:00-20:00 OBRADOIRO 4:
Intervención en situacións de crise en centros educativos
Concepción López Martín
OBRADOIRO 5:
Mindfulness
Lourdes Suárez Fernández
OBRADOIRO 3:
Ferramentas de avaliación de acoso no traballo
modera Carlos Montes Piñeiro
Lucas Sebastián Cárdenas

 

VENRES

    3 de Xuño

HORA HALL
16:00-18:00 OBRADOIRO 6:
A cadea da consciencia:
Cómo ensinar xerando consciencia para construír confianza.
Joan Vives Ribó

 

 

SIMPOSIOS E CONFERENCIAS

 

VENRES

    3 de Xuño

HORA SALA SANTIAGO SALA 2 SALA 3 SALA 4
9:00-10:30 CONFERENCIA 3:
O fallo humano
modera Israel Villar Enjo
Lucas Sebastián Cárdenas
SIMPOSIO 1:
Menores en conflito social
María del Carmen del Río
Xosé-Antón Gómez Fraguela
Cristina Martínez Bernárdez
SIMPOSIO 19:
Mediación I
Elsa Rodríguez Viña
Nuria Revuelto Crespo
Gemma Vilas Martínez
Ana María Ulloa Lage
SIMPOSIO 14:
Trauma e apego
modera Dolores Mosquera Barral
Paula Baldomir Gago
Arun Manshukami
Natalia Seijo Ameneiros Dolores Mosquera
10:30-12:00 SIMPOSIO 3:
Psicoloxía e coaching
Anna Viñolas
Emilio López Bastos
Iago López Roel
Joaquin Dosil
Rubén Domínguez
CONFERENCIA 1:
Abusos sexuales e outras formas de maltrato sexual
Félix López
SIMPOSIO 13:
Psicoloxía e atención primaria de saúde
modera Cristina Alonso Vilar
Alicia Carballal Fernández
Roger Muñoz Navarro
María Jesús Freiría Tato
CONFERENCIA 8:
O psicólogo/a no traballo en rede: do déficit á invención
José Ramón Ubieto Pardo 
12:00-12:30 ACTO INAUGURAL      
12:30-13:30 CONFERENCIA INAUGURAL
CONFERENCIA 2:
Práctica, investigación e formación: tres illas con moito ambiente pero mal comunicadas
Valentín Escudero Carranza
     
13:30-15:00 SIMPOSIO 2:
Protección da infancia e da adolescencia
Tomás Aller Floreancig
Mónica Permuy López
Elena Fernández Borrajo
CONFERENCIA 6:
Investigación sobre as consecuencias psicolóxicas en vítimas de desastres
María Paz García Vera
SIMPOSIO COMUNICACIÓNS 1 SIMPOSIO 23:
Psicoloxía e Sociedade
Francisco Blanco Romero
José Manuel Pazos Riveiro
María Teresa Hermida Pérez
Xavier Macías Virgós
15:00-16:30 CONFERENCIA 12: Pasado, presente e futuro da psicoloxía educativa
Presentador: Hipólito Puente Carracedo
Jesús de la Fuente Arias
SIMPOSIO 20:
Mediación II
Esther Arias Martínez
Carlos Gil García
Juan Luis Basanta Dopico
SIMPOSIO 9:
Intervención en violencia de xénero
Mª Concepción Rodríguez Pérez
Rubén Villar Trenco
Fátima López Rodríguez
María Luz Losada
SIMPOSIO COMUNICACIÓNS 2
16:30-18:00 SIMPOSIO 24
Psicoloxía na encrucillada
modera Mª Rosa Álvarez Prada
José Manuel Sabucedo Cameselle
Miguel Anxo García Alvarez
SIMPOSIO 16:
Psicoloxía da Intervención Social
​modera Mª Jesús López Cernadas
Ofelia Debén Rodríguez
Lidia Reyes Bernal Fernández
Santiago Porta Dovalo
Manuel Nevado Rey
CONFERENCIA 7:
A relación do/a psicólogo/a educativo/a coas familias
Presentadora: Ana Mª Ulloa Lage
Ana Torres Jack
 SIMPOSIO 7:
Empregabilidade, innovación e emprendemento en psicoloxía
modera Mª Concepción Prado Álvarez
Verónica Rivadulla Parcero
Santiago Medín Díaz
Carmen Blanco Teijeiro
18:00-19:30 CONFERENCIA 10:
Perfilación psicolóxica na práctica forense de delitos violentos
Miguel Ángel Soria
SIMPOSIO 17:
Achegas da psicoloxía á atención temperá
José Carlos Cardama Barrientos
Marisa Pendás Sánchez
Begoña Alonso Búa
Luisa María Cid Domínguez
CONFERENCIA 9: Achegas da psicoloxía ao desenvolvemento do talento deportivo
Constantino Arce Fernández
SIMPOSIO 18:
Diversas vidas, mortes diversas: a axuda no final
modera José Eduardo Rodríguez Otero
Irene Esperón Rodríguez
Jorge García Fernández
Lori Thompson

 

SÁBADO

    4 de Xuño

HORA SALA SANTIAGO SALA 2 SALA 3 SALA 4
9:00-10:30 SIMPOSIO 12:
Suicidio
modera Mercedes Fernández Cabana
María José Ramil Fraga
María Leticia Cariñena Amigo
Mª Teresa Reijas Ruiz
José Ramón García Gómez
SIMPOSIO 10:
Violencia na educación-Educación violenta
modera Manuela del Palacio García
José María Avilés Martínez
José Fernando Carrasco Mera
Manuela Rodríguez Martínez
SIMPOSIO 6:
Psicoloxía na empresa: reflexións e experiencias prácticas
modera Ana Mª Entenza Vidal
José Ortuño Vilurbina
Andrés Javier Rumbo Amigo
María del Pilar Verdeal García
SIMPOSIO COMUNICACIÓNS 3
10:30-12:00 CONFERENCIA 4:
Mitos e realidades sobre a vellez e a saúde
Rocío Fernández-Ballesteros García
CONFERENCIA 5:
O futuro da psicoloxía en seguridade viaria
Carmen Arroyo Lorenzo
SIMPOSIO 11:
Psicoloxía educativa: Orientar e motivar
José Luis Dieguez Ruibal
José Raposeiras Correa
Carolina Tinajero Vacas
SIMPOSIO 21:
Neuropsicoloxía
Maite Garolera Freixa
Susana Esteba Castillo
Fernando Maestú Unturbe
12:00-13:30 SIMPOSIO 4:
Psicoloxía e corrupción
Luis Fernández Ríos
José Antonio Seoane Rodríguez
Carlos Quílez Lázaro
SIMPOSIO 8:
Psicoloxía do tráfico en Galicia
presenta Pilar Casal
modera Eva Muiño Gómez
Rosa María Domínguez Cameán
Carlos Gestal Gesta
Juan Manuel Bonome Roda
María Mariño Barca
María Jesús Sánchez Peteiro
SIMPOSIO 5:
Investigación beca SIOTA
José Javier González Hermida
Ricardo Fandiño Pascual
Olaia Carrera Guermeur
Cristina Alonso Vilar
SIMPOSIO 15:
Envellecer hoxe
modera Olivia Losada Díez
Pedro Santamaría Gargamala
Mª Teresa Gómez Cea
María Lueiro Mendoza
13:30-14:30 CONFERENCIA CLAUSURA
Conferencia 11:
Neurociencia e retos en psicoloxía
Fernando Maestú Unturbe
     
14:30- 15:00 ACTO CLAUSURA      

PROGRAMA SOCIAL


VENRES

    3 de Xuño

HORA  
20:00 Asistencia á campaña “Badaladas pola prevención do suicidio” do Movemento Galego da Saúde Mental, do que o Colexio forma parte. na Praza das Praterías. Dará a badalada a decana do COPG.
20:30 O Concello de Santiago de Compostela ofrece unha recepción a todos e todas as congresistas no Pazo de Raxoi (Praza do Obradoiro)
21:30 Cea oficial do Congreso

COMUNICACIÓNS


Presentación de traballos
Os traballos poderán presentarse en calquera dos idiomas oficiais do congreso (galego e castelán). Poderanse enviar propostas para presentación de comunicación oral, póster ou simposio a través da plataforma electrónica ata o 31 de marzo de 2016. Deberase indicar se se desexa optar a premio.
Entregarase un certificado de presentación de comunicación oral ou escrita (póster) só aos traballos expostos con tantas copias como autores/as figuren nel.
Aínda que se tentará atender as solicitudes das persoas participantes, coa finalidade dunha mellor organización dos contidos das comunicacións, o comité científico resérvase a liberdade de asignar os traballos presentados a algunha das modalidades independentemente da solicitude dos/as autores/as.
Modalidades
Comunicación oral: O tempo permitido para unha comunicación oral será de entre 10 e 20 minutos (dependendo do número de comunicacións que integren cada sesión). Os abstracts individuais aceptados para a súa presentación oral poderán ser agrupados polo comité científico en simposios conformando grupos temáticos.
Comunicación escrita (Póster): Cada póster será exhibido durante o tempo que determine a organización, debendo permanecer dispoñible algún dos/as autores/as do mesmo durante unha hora e media, período en que algún dos/as autores/as explicará o seu traballo ás persoas interesadas. O póster terá  unha dimensión máxima de 90 x 120 cm (formato vertical).

Simposio: Cada simposio terá unha duración dunha hora e media, posibilitando a presentación dun mínimo de catro e un máximo de seis comunicacións orais, (presentadas preferentemente por autores/as diferentes) de 10 ou 15 minutos cada unha e un debate posterior que variará segundo o tempo que quede ata terminar a sesión. Para o envío de proposta de presentación dun simposio, requírese que a persoa coordinadora do simposio presente un resumo xeral e un resumo individual de cada comunicación, seguindo as directrices que se indican na plataforma electrónica.
Temática
Aceptaranse traballos centrados nalgún tópico relacionado coa psicoloxía aplicada en calquera contexto (saúde, educativo, organizacional, xurídico, intervención social, deportivo, etc.) e que aborden aspectos de interese a xuízo do Comité Científico. Poderán tratarse de investigacións orixinais, estudos de caso, deseño ou validación de instrumentos de avaliación, proxectos de intervención psicolóxica, exposición de modelos teóricos ou traballos de revisión.
Normas de presentación
Os resumos tanto para comunicacións orais como escritas (pósters), remitiranse mediante o formulario de envío e terán unha extensión de entre 250 e 300 palabras, debendo facer constar ata un máximo de cinco palabras-chave. Deberá incluír información relativa á introdución, obxectivos, método, resultados e discusión/conclusións. Non se poderán inserir táboas nin figuras no resumo. Para presentar un traballo é requisito imprescindible que cando menos un/unha dos/as autores/as estea inscrito/a no Congreso. Se un traballo non é aceptado, poderase solicitar a devolución do 100% das taxas de inscrición. Ningún/ha autor/a poderá figurar en máis de 3 traballos.
Libro de resumos
O libro de resumos do congreso será publicado on-line e será accesible desde a páxina web do congreso.
Premios
Poderase optar a premio na modalidade de presentación en formato de comunicación oral e de comunicación escrita (póster). O comité científico seleccionará os mellores traballos de cada modalidade en función da súa calidade, orixinalidade e riqueza expositiva e dará a coñecer os traballos gañadores no transcurso do Congreso. Establécese un premio de 250 euros para cada modalidade e a organización do congreso estenderá un diploma acreditativo. Os premios poderán declararse desertos.